DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 18 de setembro de 2026 Páx. 49614

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza pola quenda de acceso de promoción interna (OEP 2025) de oficial policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 193, do 25 de agosto de 2026 publicáronse a convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a unha praza vacante de persoal funcionario no Concello de Viveiro incluída na oferta de emprego público do ano 2025, que a seguir se sinala:

Acceso por promoción interna:

Denominación

Quenda

xeral

Reserva

discapacidade

Total prazas

Clasificación

Grupo

Correspondencia

RPT

Oficial policía local

1

0

1

Esc. Adm. espec. sub. serv. esp.

C1

AS2-/157

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital da corporación nos termos establecidos nas bases.

Viveiro, 26 de agosto de 2026

María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa