De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), por ser descoñecido o enderezo ou logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas ditados no expediente DH.A36.5515 e cinco máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecer integramente o acto que se notifica e que quede constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa a través do enderezo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou do teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo dun mes natural, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do trámite de audiencia |
|
DH.A36.5515 |
Dolores Somoza Guardado |
26.6.2026 |
|
DH.A36.5535 |
Juan Manuel Domínguez Seijas |
26.6.2026 |
|
DH.A15.15133 |
Canteras Irixoa, S.L. |
26.6.2026 |
|
DH.A15.12961 |
Antonio González González |
26.6.2026 |
|
DH.A36.5935 |
Manuel Viéitez Niveiros |
26.6.2026 |
|
E-173B-C |
Francisco Muíño Barro |
26.6.2026 |
