DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49787

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Regantes Porta de Ferro

ANUNCIO da primeira convocatoria da asemblea xeral para a constitución da Comunidade de Regantes Porta de Ferro.

A que subscribe, Ana Isabel Argibay Justo, veciña do lugar de Freixeiro, parroquia de Mourente, concello de Pontevedra, mediante este anuncio convoco a asemblea xeral a todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de regantes segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea terá lugar o 9 de outubro de 2026, ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda convocatoria, no lavadoiro de Freixeiro, coa seguinte

Orde do día:

1. Formar unha relación nominal de usuarios, para constituírse en comunidade de regantes segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da comunidade.

2. Aprobar as bases ás que, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.

3. Designación dos membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

4. Rogos e preguntas.

Pontevedra, 31 de agosto de 2026

Ana Isabel Argibay Justo
Representante da Comunidade de Regantes Porta de Ferro