DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican as resolucións de correccións de erros de concesións de augas (expediente DH.B36.01881 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo as resolucións de correccións de erros de expedientes de concesións de augas, por ter detectado algún erro material, ditadas no expediente DH.B36.01881 e oito máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data da resolución

DH.B36.01881

76802754G

2.6.2026

DH.B15.29050

33017987S

2.6.2026

DH.B15.29590

16581941E

2.6.2026

DH.B15.40031

32544913M

2.6.2026

DH.B15.30052

B15763998

2.6.2026

DH.B15.30462

32632975T

2.6.2026

DH.B15.64222

32580255L

2.6.2026

DH.B15.66146

32601171M

2.6.2026

DH.B15.63187

33298758W

2.6.2026