DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican as resolucións de corrección de erros de concesións de augas (expediente DH.B15.71183 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo as resolucións de corrección de erros de expedientes de concesións de augas, por ter detectado algún erro material, ditados no expediente DH.B15.71183 e un máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar unha cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data da resolución

DH.B15.71183

34930140V

2.6.2026

DH.B36.80476

35388990V, 35968809Y

2.6.2026