DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 22 de setembro de 2026 Páx. 49970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de setembro de 2026, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Lugo que se relacionan no anexo a baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lles notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 10 de setembro de 2026

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Signatura

Denominación

Titular

Enderezo

Localidade

VUT-LU-003249

María Carmen Rubiños Cabarcos

María Carmen Rubiños Cabarcos

Rúa Rafael Vior, 9, baixo A

Burela

VUT-LU-002998

Piso Laxe

Manuel Cesáreo Lage Abad

Avenida Cantarrana, 15, 4º C

Viveiro