DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 22 de setembro de 2026 Páx. 49961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2026 pola que se publica o cofinanciamento pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, do contrato administrativo para a elaboración do proxecto e execución da obra da ampliación da estación depuradora de augas residuais de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) (expediente AUG-2025-0136).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e de publicidade das actuacións cofinanciadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de Transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45252100-9 (Traballos de construción de plantas depuradoras de augas residuais).

4. Código NUTS da situación principal das obras: ES114 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: elaboración do proxecto e execución da obra da ampliación da estación depuradora de augas residuais de Vilagarcía de Arousa. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Referencia de expediente: AUG-2025-0136. Clave do anteproxecto: OH.336.1197

Os traballos obxecto deste contrato inclúen a redacción do proxecto construtivo e, de acordo co dito documento técnico, a construción da obra hidráulica proxectada.

Esta actuación trae causa da necesidade da falta de capacidade da actual estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Vilagarcía de Arousa, para dar tratamento axeitado ás augas residuais que recibe e para asegurar o cumprimento dos parámetros de vertedura das augas tratadas ao medio receptor.

Esta obra recolle as actuacións necesarias para a ampliación da capacidade de tratamento da EDAR, tanto na liña de auga como na de lodos, minimizando a superficie adicional necesaria e mantendo o servizo de depuración durante a execución da obra. Adicionalmente, a actuación prevé a implantación de sistemas de produción de enerxía renovables para minimizar e reducir o custo enerxético da depuración das augas residuais.

Os traballos do contrato comprenden a elaboración do documento técnico a nivel construtivo e a execución da obra.

Esta actuación deriva da necesidade da falta de capacidade da actual estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Vilagarcía de Arousa, para dar tratamento axeitado ás augas residuais que recibe, tanto desde un punto de vista hidráulico como das cargas que hai que tratar, para asegurar o cumprimento dos parámetros de vertedura das augas tratadas ao medio receptor.

Por mor das elevadas cargas contaminantes nas augas brutas, a produción real de lodos resulta superior á considerada no deseño da EDAR existente. Como consecuencia a liña de tratamento de lodos resulta insuficiente, polo que resulta imprescindible a súa ampliación.

Con esta actuación preténdese tamén dar cumprimento á Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga (LMXCIA), e á nova Directiva Europea (UE) 2024/3019, do 27 de novembro de 2024, sobre o tratamento das augas residuais urbanas, recolléndose unhas actuacións específicas para a produción de enerxía eléctrica na propia EDAR.

A solución á situación permitirá incrementar a capacidade de depuración para tratar unha poboación equivalente a 99.404 habitantes, un caudal medio de deseño de 15.639 m3/d e un caudal máxima de 500 l/s. Para levar a cabo esta actuación de modernización, será necesaria a execución dun novo tratamento secundario baseado en novas reactores biolóxicos con tecnoloxía híbrida e a ampliación de todos os procesos asociados ao novo sistema biolóxico, tanto na liña de auga como na de lodos.

De xeito resumido, recóllense o seguinte:

Actuacións previas e auxiliares que permitan a execución das obras de ampliación da EDAR sen afectar o funcionamento actual dos procesos da EDAR, coa construción dun novo pretratamento.

– Na liña de auga:

Desvío dos colectores existentes e conexión coa nova obra.

Obra de recepción, bombeo de cabeceira e pretratamento (que se aloxará nun ou varios edificios).

Novo tratamento biolóxico IFAS, que constará de catro liñas con zona preanóxica, anóxica, anaerobia e de dúas celas aerobias.

Sistema de eliminación química de fósforo.

Decantación secundaria, formado por catro clarificadores, dous deles de nova construción.

Tratamento terciario de desinfección UV con dúas liñas.

Novo bombeo ao emisario submarino existente.

Demolición do actual pretratamento e restitución da explanada ocupada.

Demolición de todas as instalacións sen uso tras a execución das obras.

– Liña de lodos:

Espesado de lodos.

Almacenamento e bombeo de lodos espesados a dixestión.

Estabilización de lodos por dixestión anaerobia mesófila.

Dosificación química para eliminación de H2S en biogás e fósforo en escorregas de deshidratación.

Almacenamento e bombeo de lodos dixeridos á deshidratación.

Deshidratación de lodos.

Silos de lodos secundarios.

– Liña de biogás:

Gasómetro.

Tratamento de afino do gas.

Motor con recuperación de enerxía.

Queimador de gas.

Tratamento de eliminación de nitróxeno das augas de deshidratación.

Instalacións auxiliares.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 23.137.424,14 euros. Importe total: 27.996.283,21 euros.

8. Valor estimado do contrato: 23.137.424,14 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 33 meses, que se distribúen segundo os traballos que se desenvolverán no contrato:

Prazo específico de elaboración do proxecto construtivo: 3 meses.

Prazo específico de execución da obra: 30 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse, tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (51), proxecto de licitación (35), plan de control de calidade da execución da obra (3), programa de construción da obra (3), plan de proba dos equipos electromecánicos ou automatismos (2), memoria descritiva do proceso de execución da obra (2), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (2) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (2).

11. Data da adxudicación do contrato: 26 de xuño de 2026.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 8.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 7.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 24 de xullo de 2026.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: COPASA Infraestructuras, S.L.U. & Pesa Medioambiente, S.A. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

14.2. NIF: U88903026.

14.3. Enderezo: rúa do Paseo, 25 entrechán. 32003 Ourense.

14.4. Código NUTS: ES113.

14.5. Correo electrónico: org@copasagroup.com

14.6. Fax: 988 37 44 79.

14.7. Teléfono: 619 30 96 41.

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 21.825.000,00 euros. Importe total: 26.408.250,00 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A actuación encádrase dentro do programa no Obxectivo político OP2 Unha Europa máis verde, baixa en carbono en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e a adaptación ao cambio climático, a prevención e a xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable; Prioridade de investimento P2A Transición verde; Obxectivo específico 2.5 O fomento do acceso á auga e dunha xestión hídrica sustentable; Liña de actuación 2.5.03 Investimentos en materia de saneamento e de depuración necesarias para o cumprimento das directivas en materia de augas; Ámbito de intervención 066 Recollida e tratamento de augas residuais de acordo cos criterios de eficiencia enerxética; Operación Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Vilagarcía de Arousa.

Polo que se deberán observar os criterios de elixibilidade, de xestión, de publicidade e de control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do Programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas Guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: Anuncio de licitación no Diario Oficial da Unión Europea (S186/29.9.2025; modificación S194/9.10.2025; modificación S221/17.11.2025). Anuncio de formalización no Diario Oficial da Unión Europea S145/2026, do 30.7.2026.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial da Unión Europea: 26 de setembro de 2025.

Publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial da Unión Europea: 29 de setembro de 2025.

Publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante: 30 de setembro de 2025.

Publicación da adxudicación no perfil de contratante: 28 de xuño de 2026.

Publicación do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 26 de xullo de 2026.

Publicación do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial da Unión Europea: 30 de xullo de 2026.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia