DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 23 de setembro de 2026 Páx. 50102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 14 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-PR212E/2026/02526 (AC-2024/00329) e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución do expediente de cancelación individual. A eficacia do emprazamento queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas. Para isto, teñen á súa disposición os expedientes relacionados no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

A Coruña, 14 de setembro de 2026

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-PR212E/2026/02526 (AC-2024/00329)

HK566467

AC-PR212E/2026/02123 (AC-2023/00090)

AV778826