DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 23 de setembro de 2026 Páx. 50094

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, polo sistema de concurso-oposición, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio.

As bases completas que regulan a convocatoria pódense consultar na web do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG): http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal

De conformidade co previsto nas ditas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e mais na web de ACSUG: http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia