Antecedentes:
Primeiro. Mediante a Orde do 3 de xuño de 2026 establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e a maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486F) (DOG núm. 110, do 15 de xuño).
Segundo. Durante o prazo establecido para o efecto, presentaron a súa solicitude as entidades que se relacionan nos anexos a esta resolución e que forman parte dela.
Terceiro. O 28 de agosto de 2026, a Dirección Xeral de Administración Local, órgano competente para a instrución do procedemento, emitiu un informe no que recolle as actuacións realizadas para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.
Cuarto. As solicitudes de subvención completas e que cumprían os requisitos de admisión foron examinadas por unha comisión de valoración presidida pola directora xeral de Administración Local, da que formaron parte as persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia ou quen as substituíu, e actuou como secretaria a subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais, sen voto e para levantar acta. A dita comisión elaborou unha proposta mediante acta motivada na súa reunión do día 1 de setembro de 2026.
Quinto. O 2 de setembro de 2026, a Dirección Xeral de Administración Local elevou a proposta de resolución deste procedemento de subvencións.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A norma reguladora desta convocatoria é a Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486, en diante, as bases reguladoras).
As características principais da regulación son as seguintes:
1. Programa e crédito orzamentario: as subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.141A.760.4 (2026 00006 Banco municipal de maquinaria), ata unha contía máxima de 1.087.500,00 €, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
Esta liña de subvencións está cofinanciada no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
2. Finalidade da axuda: adquisición de maquinaria, vehículos lixeiros e especiais e as súas adaptacións destinados ás brigadas de protección do ambiente e do espazo natural para a execución de tarefas específicas de prevención de incendios forestais, que se relacionan no artigo 1 das bases reguladoras:
a) Vehículos e as súas adaptacións para o mantemento e a limpeza preventiva dos contornos de vías e camiños municipais.
b) Maquinaria forestal lixeira eléctrica.
c) Vehículos complementarios para as tarefas forestais de prevención e as súas adaptacións.
3. Entidades destinatarias: poden ser persoas beneficiarias desta subvención os concellos de Galicia que reúnan os requisitos exixidos nas bases reguladoras.
Segunda. Consonte o disposto no artigo 8 e na disposición derradeira primeira das bases reguladoras, en relación co previsto no artigo 3.5 da Orde do 12 de xuño de 2024 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos desta consellería (DOG núm. 117, do 18 de xuño), correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local, por delegación da persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a resolución deste procedemento de subvencións.
Terceira. De conformidade co disposto no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 8 das bases reguladoras, o órgano instrutor emitiu un informe no que se recollen as actuacións realizadas na instrución deste procedemento e se relacionan as solicitudes completas e que cumprían os requisitos previstos nas bases reguladoras e demais normativa aplicable, polo que pasan á fase de avaliación. Estas solicitudes foron examinadas pola comisión prevista no artigo 8.3 das bases, que as valorou conforme os criterios fixados no artigo 11, do que quedou constancia mediante acta motivada.
Cuarta. Conforme o artigo 24 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en concordancia co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución notificarase a todas as entidades interesadas mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.
Quinta. Por outra banda, o artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoñen que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa ou crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
De acordo co anterior, con base no informe do órgano instrutor, na acta motivada da Comisión de Valoración e na proposta da Dirección Xeral de Administración Local
RESOLVO:
1. Conceder as subvencións para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486F), ás entidades que se relacionan por orde alfabética no anexo I, para as actuacións e polas contías que para cada unha se consignan.
2. Comprometer o gasto polo importe total das subvencións concedidas que ascende a 1.079.841,03 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.141A.760.4 (C.P. 2026 00006), que é a adecuada para tal fin e na que existe crédito suficiente, coa tramitación do documento D que soporte contablemente este acto.
3. Desestimar as demais solicitudes que se relacionan por orde alfabética no anexo II, por non ter acadado a puntuación mínima para acceder ás subvencións, sen prexuízo do previsto no artigo 22 das bases reguladoras, para o que se respectará, en todo caso, a orde de prelación establecida pola Comisión de Valoración na súa acta.
4. Inadmitir as solicitudes das entidades que se relacionan no anexo III por non ter acreditado o cumprimento dalgún dos requisitos exixidos na orde de convocatoria antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, polas causas que para cada unha se indica.
5. Aceptar de plano a desistencia das solicitudes presentadas que se detallan no anexo IV, de conformidade co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
6. Ter por desistidas da súa petición as entidades relacionadas no anexo IV, que non atenderon o requirimento de emenda de erros ou omisións na documentación presentada, nos termos indicados pola Dirección Xeral de Administración Local, dentro do prazo máximo e improrrogable de 10 días concedido para o efecto, consonte o establecido no artigo 9 das bases reguladoras e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
7. Sen prexuízo do disposto nas bases reguladoras e na demais normativa aplicable, a concesión das subvencións ás entidades beneficiarias queda suxeita ás seguintes condicións:
a) Aceptación: de conformidade co artigo 14 das bases reguladoras, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da notificación do Documento que establece as condicións da axuda (DECA), para comunicar a aceptación da subvención e das condicións contidas nela.
Transcorrido o prazo sen que se produza a aceptación expresa na forma prevista nas bases reguladoras, producirase a perda do dereito ao cobramento da subvención, sen prexuízo da facultade da entidade beneficiaria de formular a súa renuncia conforme o previsto na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A aceptación da subvención implica, en todo caso, o compromiso de execución completa do proxecto que fundamentou a resolución de concesión.
b) Obrigas das entidades beneficiarias: están recollidas no artigo 16 das bases reguladoras sen prexuízo da obriga do cumprimento da restante normativa de aplicación, nomeadamente en materia de subvencións.
En particular, as entidades beneficiarias están obrigadas a executar a totalidade das actuacións que integran o proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, sen prexuízo das modificacións das características do proxecto subvencionado que o órgano competente poida autorizar consonte as prescricións da normativa de aplicación.
c) Execución dos proxectos subvencionados e prazo de xustificación: o prazo para a realización e a xustificación das actuacións subvencionadas remata o 15 de novembro de 2026, sen que exista a posibilidade de efectuar pagamentos anticipados e aboamentos a conta. As entidades beneficiarias deben executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa, indicada no artigo 18 das bases, no prazo referido.
A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, sen prexuízo do previsto no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei.
d) O pagamento da subvención realizarase de acordo co custo real do proxecto executado e xustificado. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, manténdose constante a porcentaxe de financiamento establecida na resolución de concesión ata o límite do importe concedido.
En ningún caso o menor custo de execución do proxecto subvencionado pode supoñer unha execución deficiente do proxecto e a entidade beneficiaria da subvención debe cumprir as condicións da concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.
e) Para os efectos do establecido no artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado nestas bases reguladoras.
f) Perda do dereito ao cobramento da subvención: as causas da perda do dereito ao cobramento da subvención, total ou parcial, establécense no artigo 21 das bases reguladoras, sen prexuízo de calquera outra causa que derive da normativa aplicable á subvención.
g) Publicidade do financiamento: todas as entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas de información e publicidade do cofinanciamento polo Feder establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 e, en particular, as do artigo 16.13 das bases reguladoras.
h) Subcontratación: os concellos beneficiarios poderán concertar con terceiros a execución total do proxecto que constitúe o obxecto da subvención nos termos establecidos no artigo 17 das bases reguladoras.
Contra a resolución deste procedemento, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdición.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Disposición adicional primeira da Orde do 3.6.2026,
DOG núm. 110, do 15 de xuño; e artigo 3 da Orde do 12.6.2024,
DOG núm. 117, do 18 de xuño)
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local
ANEXO I
Subvencións concedidas
|
Núm. expediente |
Concello beneficiario |
Proxecto |
Orzamento total (€) |
Importe da subvención (€) |
% |
|
PR486F/2026/007 |
Arnoia, A |
Adquisición de equipamento para prevención de incendios forestais - rozadoira autopropulsada |
18.252,06 |
10.951,24 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/008 |
Avión |
Adquisición de maquinaria para actuacións de prevención de incendios forestais |
42.124,94 |
25.274,96 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/014 |
Blancos, Os |
Adquisición de miniescavadora para traballo de roza e apertura de faixas de protección |
27.243,50 |
16.346,10 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/016 |
Bolo, O |
Subministración de vehículo para a prevención de incendios forestais |
22.950,61 |
13.770,37 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/018 |
Cabanas |
Adquisición de maquinaria para o mantemento da rede viaria municipal e a prevención de incendios |
64.244,06 |
30.000,00 |
46,70 % |
|
PR486F/2026/020 |
Calvos de Randín |
Adquisición de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais |
30.285,09 |
18.171,05 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/023 |
Carballiño, O |
Maquinaria destinada a actuacións de prevención de incendios forestais |
22.370,62 |
13.422,37 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/024 |
Carnota |
Adquisición de equipamento para actuacións municipais de prevención de incendios forestais en Carnota |
21.697,98 |
13.018,79 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/027 |
Cedeira |
Adquisición miniescavadora tipo Komatsu PC24 e implementos para actuacións de prevención de incendios |
62.337,43 |
30.000,00 |
48,13 % |
|
PR486F/2026/030 |
Cervantes |
Adquisición de equipamento para a prevención de incendios forestais |
18.236,17 |
10.941,70 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/032 |
Coirós |
Adquisición de maquinaria para prevención de incendios en Coirós |
24.926,00 |
14.955,60 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/035 |
Cortegada |
Mellora de prevención incendios forestais mediante adquisición de miniescavadora VIO17-1 |
33.731,42 |
20.238,85 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/036 |
Cualedro |
Adquisición de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais |
47.039,10 |
28.223,46 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/037 |
Dozón |
Adquisición de maquinaria para a prevención de incendios forestais |
46.723,33 |
28.034,00 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/041 |
Folgoso do Courel |
Trituradora lateral para equipar o tractor do concello |
18.569,87 |
11.141,92 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/046 |
Guntín |
Material de prevención de incendios |
26.546,69 |
15.928,01 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/048 |
Incio, O |
Subministración de minicargadora compacta con rozadoira lateral para servizo municipal |
96.332,76 |
30.000,00 |
31,14 % |
|
PR486F/2026/054 |
Meis |
Adquisición de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais |
27.750,97 |
16.650,58 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/059 |
Mondariz Balneario |
Adquisición de ferramentas para a realización de labores de prevención contra incendios |
15.450,19 |
9.270,11 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/060 |
Monfero |
Adquisición de trituradora desprazable para limpeza de contornos de gabias de camiños municipais |
21.124,79 |
12.674,87 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/063 |
Mos |
Adquisición de adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais no concello de Mos |
16.568,31 |
9.940,99 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/064 |
Muíños |
Adquisición de tractor rozadoira sobre rodas que facilite as actuacións de prevención de incendios forestais |
18.997,64 |
11.398,58 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/067 |
Neves, As |
Adquisición de adaptacións de vehículos e maquinaria vinculada ás actuacións de prevención contra incendios |
16.841,25 |
10.104,75 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/070 |
Oímbra |
Adquisición de máquina rozadoira teledirixida para actuacións de limpeza e prevención de incendios forestais |
50.573,00 |
30.000,00 |
59,32 % |
|
PR486F/2026/071 |
Ordes |
Adquisición de vehículos e maquinaria destinados a actuacións de prevención de incendios forestais |
16.086,33 |
9.651,80 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/074 |
Oza Cesuras |
Adquisición de rozadoira de eirugas a radiocontrol. Concello de Oza Cesuras |
47.359,40 |
28.415,64 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/077 |
Parada de Sil |
Adquisición de rozadoira para prevención de incendios |
16.263,70 |
9.758,22 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/079 |
Pastoriza |
Adquisición dun brazo rozador e dúas rozadoiras de man a batería |
45.319,96 |
27.191,98 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/080 |
Pedrafita do Cebreiro |
Adquisición de remolque basculante para tractor |
17.510,00 |
10.506,00 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/081 |
Peroxa, A |
Adquisición de maquinaria destinada á prevención de incendios forestais |
59.822,40 |
30.000,00 |
50,15 % |
|
PR486F/2026/082 |
Petín |
Adquisición de miniescavadora para traballos de roza |
41.127,90 |
24.676,74 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/083 |
Pobra de Trives, A |
Adquisición dunha miniescavadora e implementos para actuacións de prevención de incendios forestais |
37.264,37 |
22.358,62 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/084 |
Ponteareas |
Adquisición de brazo rozador para os servizos municipais do concello de Ponteareas |
32.029,91 |
19.217,95 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/086 |
Pontenova, A |
Adquisición de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais - rozadoira de brazo |
40.685,00 |
24.411,00 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/087 |
Porqueira |
Adquisición de equipamento para a prevención de incendios forestais |
32.216,86 |
19.330,11 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/088 |
Porriño, O |
Adquisición de vehículos e maquinaria para actuacións de prevención de incendios forestais |
80.710,39 |
30.000,00 |
37,17 % |
|
PR486F/2026/093 |
Rairiz de Veiga |
Adquisición dun tractor agrícola destinado á execución de actuacións municipais de prevención de incendios |
43.620,50 |
26.172,30 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/094 |
Ramirás |
Adquisición de vehículo, remolque e montaxe vinculado á prevención de incendios forestais |
28.751,16 |
17.250,70 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/097 |
Ribas de Sil |
Adquisición dunha miniescavadora destinada á prevención de incendios forestais |
92.350,83 |
30.000,00 |
32,48 % |
|
PR486F/2026/099 |
Ribeira de Piquín, A |
Adquisición de tractor para labores de prevención de incendios forestais |
128.750,00 |
30.000,00 |
23,30 % |
|
PR486F/2026/100 |
Riós, O |
Tractor agrícola compacto equipado cunha trituradora de martelos desprazable e dúas rozadoiras forestais |
52.087,86 |
30.000,00 |
57,59 % |
|
PR486F/2026/105 |
Salvaterra de Miño |
Adquisición de tractor rozadoira e maquinaria para labores de prevención de incendios forestais no concello de Salvaterra de Miño |
19.317,65 |
11.590,59 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/106 |
San Amaro |
Adquisición de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais no concello de San Amaro |
36.822,49 |
22.093,49 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/107 |
San Cibrao das Viñas |
Adquisición de equipamento para prevención de incendios forestais |
64.789,53 |
30.000,00 |
46,30 % |
|
PR486F/2026/108 |
Santiso |
Subministración de maquinaria e vehículos contra incendios |
22.446,03 |
13.467,62 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/114 |
Tomiño |
Mellora do equipamento municipal vinculado a actuacións de prevención de incendios forestais en Tomiño 2026 |
54.183,36 |
30.000,00 |
55,37 % |
|
PR486F/2026/116 |
Toques |
Adquisición dun vehículo multifunción pick up |
30.797,00 |
18.478,20 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/118 |
Trabada |
Adquisición de rozadoira Orsi Acrobat 509 Visual |
48.140,83 |
28.884,50 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/122 |
Veiga, A |
Adquisición de vehículo para prevención de incendios forestais |
51.500,00 |
30.000,00 |
58,25 % |
|
PR486F/2026/123 |
Vicedo, O |
Adquisición dunha rozadoira de brazo e posterior adaptación a tractor municipal |
39.881,60 |
23.928,96 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/126 |
Vilamarín |
Equipamento para adquirir vinculado a actuacións de prevención de incendios forestais |
15.898,84 |
9.539,30 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/131 |
Xermade |
Adquisición de rozadoira de brazo (accesorio de tractor): corta de matogueiras en marxes |
37.258,14 |
22.354,88 |
60,00 % |
|
PR486F/2026/134 |
Xunqueira de Espadanedo |
Adquisición de vehículos, adaptacións e maquinaria para actuacións de prevención de incendios forestais |
33.506,88 |
20.104,13 |
60,00 % |
|
Totais |
4.855.739,07 |
1.079.841,03 |
ANEXO II
Solicitudes desestimadas
|
Núm. expediente |
Concello solicitante |
Proxecto |
Orzamento (€) |
|
PR486F/2026/002 |
Alfoz do Castrodouro |
Adquisición de vehículo todoterreo |
44.200,00 |
|
PR486F/2026/003 |
Allariz |
Rozas preventivas 2026 |
50.000,00 |
|
PR486F/2026/004 |
Aranga |
Adquisición de rozadoira autopropulsada |
44.526,79 |
|
PR486F/2026/005 |
Arbo |
Adquisición de maquinaria (rozadoira de brazo) no concello de Arbo para tarefas de prevención de incendios forestais 2026 |
34.737,96 |
|
PR486F/2026/006 |
Ares |
Adquisición de miniescavadora |
62.738,50 |
|
PR486F/2026/009 |
Baños de Molgas |
Adquisición de pequeno tractor con pala frontal e varredora mecánica |
56.144,00 |
|
PR486F/2026/010 |
Barbadás |
Adquisición dun robot rozador destinado á prevención de incendios forestais mediante actuacións de xestión da biomasa forestal |
44.668,36 |
|
PR486F/2026/011 |
Barco de Valdeorras, O |
Adquisición de escavadora para prevención de incendios forestais |
94.999,22 |
|
PR486F/2026/012 |
Barreiros |
Adquisición de vehículo 4 x 4 complementario para as tarefas de prevención de incendios forestais |
30.180,75 |
|
PR486F/2026/013 |
Becerreá |
Memoria técnica explicativa de vehículo todoterreo pick up |
50.000,00 |
|
PR486F/2026/015 |
Bola, A |
Adquisición de rozadoira forestal GL1 |
37.510,00 |
|
PR486F/2026/017 |
Boqueixón |
Maquinaria de prevención de incendios forestais de Boqueixón |
48.404,84 |
|
PR486F/2026/022 |
Cangas de Morrazo |
Adquisición de vehículo UTV |
19.125,00 |
|
PR486F/2026/025 |
Carral |
Adquisición de vehículo lixeiro adaptado para realización de actividades de prevención de incendios forestais |
39.978,40 |
|
PR486F/2026/028 |
Celanova |
Adquisición de camión lixeiro multifunción de 3.500 kg con pluma hidráulica vinculado a actuacións de prevención de incendios forestais |
50.000,00 |
|
PR486F/2026/029 |
Cerceda |
Dotación dun equipo mecanizado destinado á prevención de incendios forestais |
57.500,00 |
|
PR486F/2026/031 |
Chantada |
Subministración de rozadoira para prevención de incendios forestais |
48.279,00 |
|
PR486F/2026/033 |
Corgo, O |
Adquisición de rozadoira de brazo |
45.050,72 |
|
PR486F/2026/034 |
Coristanco |
Adquisición de rozadoira autopropulsada |
44.526,79 |
|
PR486F/2026/039 |
Fene |
Adquisición dunha rozadoira de brazo para actuacións de prevención de incendios forestais |
41.692,97 |
|
PR486F/2026/040 |
Fisterra |
Adquisición dunha rozadoira para tractor |
26.620,00 |
|
PR486F/2026/042 |
Foz |
Adquisición de tractor para labores de roza |
82.280,00 |
|
PR486F/2026/043 |
Frades |
Renovación de maquinaria de labores de prevención de incendios forestais |
16.701,63 |
|
PR486F/2026/045 |
Gudiña, A |
Adquisición de minicamión |
30.165,30 |
|
PR486F/2026/047 |
Illa de Arousa, A |
Adquisición de rozadoira de brazo lateral acoplable a tractor municipal |
39.930,00 |
|
PR486F/2026/049 |
Irixoa |
Rozadoira de brazo acoplable a tractor |
42.350,00 |
|
PR486F/2026/050 |
Lalín |
Adquisición de vehículo de prevención de incendios forestais |
31.840,00 |
|
PR486F/2026/052 |
Maside |
Adquisición de maquinaria para prevención de incendios forestais no termo municipal de Maside |
49.458,75 |
|
PR486F/2026/053 |
Meaño |
Adquisición dunha minicargadora con brazo rozador e cabezal triturador |
72.300,00 |
|
PR486F/2026/056 |
Mesía |
Adquisición dunha rozadoira autopropulsada |
44.770,00 |
|
PR486F/2026/057 |
Miño |
Adquisición maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais |
22.990,00 |
|
PR486F/2026/058 |
Moeche |
Adquisición dun minicamión forestal para actuacións municipais de prevención de incendios forestais |
32.000,00 |
|
PR486F/2026/061 |
Monterrei |
Adquisición pick up |
50.000,00 |
|
PR486F/2026/062 |
Moraña |
Adquisición de rozadoira de brazo lateral para tractor |
54.450,00 |
|
PR486F/2026/065 |
Muros |
Adquisición dun tractor e accesorios para a realización de labores de prevención de incendios forestais |
59.859,91 |
|
PR486F/2026/066 |
Neda |
Adquisición de camión lixeiro carrozado con caixa aberta e pluma para a prevención de incendios forestais |
49.610,00 |
|
PR486F/2026/068 |
Nigrán |
Adquisición vehículo para a brigada municipal de prevención de incendios forestais e as súas adaptacións |
66.307,62 |
|
PR486F/2026/069 |
Noia |
Adquisición de vehículo lixeiro para actuacións de prevención de incendios forestais no termo municipal |
30.165,30 |
|
PR486F/2026/072 |
Ortigueira |
Adquisición de maquinaria para actuación de prevención de incendios forestais |
15.730,00 |
|
PR486F/2026/073 |
Outes |
Adquisición dunha rozadoira-trituradora forestal de brazo para tractor, cun ancho de traballo de 1,80 m |
15.010,05 |
|
PR486F/2026/076 |
Palas de Rei |
Adquisición de minicamión para actuacións de prevención de incendios |
30.165,30 |
|
PR486F/2026/078 |
Páramo, O |
Adquisición de maquinaria para actuacións de prevención de incendios forestais - escavadora con 3 cazos |
42.350,00 |
|
PR486F/2026/089 |
Portas |
Adquisición dun robot rozadoira sobre eirugas de segunda man |
79.999,00 |
|
PR486F/2026/090 |
Porto do Son, O |
Adquisición de maquinaria: rozadoira forestal, vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais |
17.599,55 |
|
PR486F/2026/091 |
Portomarín |
Adquisición de miniescavadora para traballos de roza e apertura de faixas de protección |
33.020,90 |
|
PR486F/2026/096 |
Ribadumia |
Adquisición de maquinaria para prevención de incendios forestais |
23.711,13 |
|
PR486F/2026/101 |
Rodeiro |
Adquisición de vehículo para a prevención de incendios forestais |
38.834,95 |
|
PR486F/2026/102 |
Rois |
Adquisición de vehículo para tarefas forestais de prevención para o transporte de persoal, a maquinaria e as ferramentas a zonas de traballo pouco accesibles |
50.000,00 |
|
PR486F/2026/103 |
Rosal, O |
Adquisición dun camión lixeiro para tarefas forestais de prevención de incendios |
33.123,07 |
|
PR486F/2026/104 |
Rubiá |
Adquisición de vehículo para as brigadas de servizos do Concello de Rubiá destinada á prevención de incendios |
36.000,00 |
|
PR486F/2026/109 |
Sanxenxo |
Adquisición de vehículo todoterreo para actuacións de prevención de incendios forestais no concello de Sanxenxo |
25.894,00 |
|
PR486F/2026/110 |
Saviñao, O |
Subministración de rozadoira para prevención de incendios forestais |
36.300,00 |
|
PR486F/2026/111 |
Silleda |
Adquisición dun vehículo todoterreo para as actuacións de prevención de incendios forestais |
25.000,00 |
|
PR486F/2026/112 |
Somozas, As |
Subministración de camión lixeiro basculante |
30.165,30 |
|
PR486F/2026/113 |
Soutomaior |
Adquisición de dumper autocargable para actuacións de prevención de incendios forestais |
39.083,00 |
|
PR486F/2026/117 |
Touro |
Subministración de rozadoira de brazo para tractor |
29.317,50 |
|
PR486F/2026/119 |
Trasmiras |
Adquisición de vehículo de actuacións preventivas de incendios |
65.907,24 |
|
PR486F/2026/120 |
Valdoviño |
Adquisición dunha rozadoira de brazo hidráulico |
36.852,57 |
|
PR486F/2026/121 |
Vedra |
Adquisición de rozadoira traseira para tractor municipal (prevención de incendios) |
17.638,17 |
|
PR486F/2026/125 |
Vilaboa |
Adquisición vehículo multifunción destinado á prevención de incendios forestais no concello de Vilaboa |
98.736,00 |
|
PR486F/2026/127 |
Vilardevós |
Adquisición de camión lixeiro con caixa basculante para prevención de incendios |
30.165,30 |
|
PR486F/2026/129 |
Vilarmaior |
Adquisición da rozadoira de brazo acoplable e tractor |
42.350,00 |
|
PR486F/2026/130 |
Vimianzo |
Adquisición de maquinaria para actuación de prevención de incendios forestais |
31.690,86 |
|
PR486F/2026/132 |
Xinzo de Limia |
Cabezal de discos de corte de poda |
19.662,50 |
ANEXO III
Solicitudes inadmitidas
|
Núm. expediente |
Concello |
Proxecto |
Orzamento (€) |
Motivo da inadmisión |
|
PR486F/2026/019 |
Caldas de Reis |
Maquinaria |
43.590,25 |
Incumpre os artigos 1 e 2.1, en relación co artigo 3.3 das bases reguladoras |
|
PR486F/2026/026 |
Castrelo do Val |
Adquisición da coitela limpadora frontal con bastidor para labores de prevención de incendios forestais |
15.062,93 |
Incumpre os artigos 1 e 2.1, en relación co artigo 3.3 das bases reguladoras |
|
PR486F/2026/038 |
Estrada, A |
Adquisición de maquinaria forestal lixeira |
15.583,98 |
Incumpre os artigos 1 e 2.1, en relación cos artigos 3.2.c) e 3.3 das bases reguladoras |
|
PR486F/2026/055 |
Merca, A |
Adquisición de vehículo complementario para tarefas forestais de prevención e as súas adaptacións |
49.900,00 |
Incumpre o artigo 2.1.c) en relación co artigo 3.3 |
|
PR486F/2026/075 |
Paderne |
Adquisición de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais e xestión da biomasa |
29.976,78 |
Incumpre os artigos 1 e 2.1, en relación cos artigos 3.2.c) e 3.3 das bases reguladoras |
|
PR486F/2026/085 |
Ponteceso |
Adquisición de maquinaria lixeira vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais |
25.635,87 |
Incumpre os artigos 1 e 2.1, en relación cos artigos 3.2.c) e 3.3 das bases reguladoras |
|
PR486F/2026/092 |
Rábade |
Adquisición de vehículos para a prevención de incendios forestais do concello de Rábade |
18.100,21 |
Incumpre os artigos 1 e 2.1, en relación cos artigos 3.2.c) e 3.3 das bases reguladoras |
|
PR486F/2026/095 |
Ribadeo |
Adquisición dun vehículo e maquinaria destinados a actuacións de prevención de incendios forestais |
29.268,94 |
Incumpre os artigos 1 e 2.1, en relación cos artigos 3.2.c) e 3.3 das bases reguladoras |
|
PR486F/2026/098 |
Ribeira |
Adaptación de vehículos vinculados a actuacións de prevención de incendios forestais do concello de Ribeira |
22.506,00 |
Incumpre os artigos 1 e 2.1, en relación cos artigos 3.2.c) e 3.3 das bases reguladoras |
|
PR486F/2026/124 |
Vila de Cruces |
Adquisición de maquinaria para prevención de incendios forestais |
24.230,25 |
Incumpre os artigos 1 e 2.1, en relación cos artigos 3.2.c) e 3.3 das bases reguladoras |
|
PR486F/2026/128 |
Vilariño de Conso |
Adquisición de maquinaria para a prevención de incendios forestais |
15.544,96 |
Incumpre os artigos 1 e 2.1, en relación cos artigos 3.2.c) e 3.3 das bases reguladoras |
|
PR486F/2026/133 |
Xunqueira de Ambía |
Adquisición de vehículo para mellora da prevención e extinción de incendios |
46.507,46 |
Incumpre o artigo 3.2.d) en relación co 3.3 das bases reguladora |
ANEXO IV
Desistencias
|
Núm. expediente |
Concello |
Proxecto |
Orzamento (€) |
Motivo |
|
PR486F/2026/001 |
Agolada |
Dotación de rozadoira para traballos forestais e prevención de risco de incendios |
27.830,00 |
Artigo 8 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia |
|
PR486F/2026/021 |
Cangas de Morrazo |
Adquisición de vehículo UTV |
19.093,80 |
Desistencia voluntaria artigo 94 LPAC |
|
PR486F/2026/044 |
Gudiña, A |
Adquisición de minicamión |
30.165,30 |
Desistencia voluntaria Artigo 94 LPAC |
|
PR486F/2026/051 |
Lobeira |
Adquisición de maquinaria para a prevención de incendios forestais en Lobeira |
18.444,31 |
Artigo 8 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia |
|
PR486F/2026/115 |
Toques |
Adquisición dun vehículo multifunción pick up |
29.900,00 |
Desistencia voluntaria artigo 94 LPAC |
