DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 24 de setembro de 2026 Páx. 50174

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio a agosto do ano 2026, relación que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2026

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia para o desenvolvemento das actuacións de fomento e difusión da seguridade industrial en Galicia.

25.5.2026

82.100,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello da Veiga para a mellora e dotación do Centro de Iniciativas Municipais (Cima) e os seus accesos.

26.5.2026

145.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia no ano 2026.

23.7.2026

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega de Ceramistas para realizar un estudo sobre a valorización de residuos de construción e demolición no sector da cerámica.

23.7.2026

30.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega de Áridos para actividades destinadas á promoción e fomento do sector da industria de extracción de áridos de Galicia.

23.7.2026

18.176,20 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Consorcio Aeroespacial Gallego para a elaboración e difusión dun estudo do sector do aeroespazo de «Aero Excellence» no marco do Observatorio da Industria Aeroespacial.

23.7.2026

93.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) para o desenvolvemento de actuacións de impulso e dinamización dos parques empresariais de Galicia no ano 2026.

29.7.2026

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Xove para a realización de actuacións de compensación e reequilibrio ambiental e territorial, e paisaxístico, financiado no marco do Fondo Mineiro Ambiental e Paisaxístico (Fomap).

4.8.2026

1.458.987,59 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e os colexios oficiais de peritos e enxeñeiros técnicos industriais de Lugo, Vigo e Ourense, e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, para o desenvolvemento das actuacións de fomento e difusión da seguridade industrial en Galicia.

7.8.2026

81.500,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello da Veiga para a mellora e dotación do Centro de Iniciativas Municipais (Cima) e os seus accesos.

25.8.2026

Non ten achega económica