De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2026 por esta fundación.
|
Data da sinatura |
Importe con cargo ao orzamento da Fundación |
Convenio |
|
7.5.2026 |
0,00 € |
Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral (artigo 25 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado) entre Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U., e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia. |
|
13.5.2026 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Federación Galega de Xoves Empresarios, para a promoción de actividades conxuntas no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia. |
|
15.5.2026 |
5.794,31 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2026. |
|
25.5.2026 |
0,00 € |
Convenio de colaboración de natureza patrimonial entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Galtia, para a cesión de espazos e servizos no edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. |
|
27.5.2026 |
0,00 € |
Convenio de colaboración para a realización dos eventos de música electrónica denominados «Lingua Urbana» e «Wake Up no Gaiás» na Cidade da Cultura de Galicia. |
|
26.5.2026 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundació Privada Banc Sabadell e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, para a colaboración na celebración do Encontro de Artes Novas Cidade da Cultura 2026. |
|
28.5.2026 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura e a Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (Agadea). |
|
12.6.2026 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Escuela de Escritores, para a realización de diversa formación na Cidade da Cultura de Galicia. |
|
2.7.2026 |
0,00 € |
Convenio de colaboración para a realización do concerto do artista Feid na Cidade da Cultura de Galicia. |
|
13.7.2026 |
0,00 € |
Convenio de colaboración para a itinerancia da exposición temporal «Botamos un baile?» no concello de Lugo. |
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026
Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia
