Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS e substitución do CT Romarigo (36CL61).
Situación: Cangas de Morrazo.
Características técnicas:
– Retirada do centro de transformación Romarigo (36CL61) de 250 kVA, situado no apoio existente 9TFHO70Q//D9.
– Substitución do apoio existente 9TIGOWWE//D11 por un apoio metálico de celosía C-2000/16.
– Retensado de 168 metros da liña de media tensión aérea (LMTA) CII809 Latón 9-CII808 Moaña 8, a 20 kV, con condutor LAC-80, desde o apoio existente 9TH1BPJ6//D10 ata o apoio existente 9TK73GWM//D12.
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, de 38 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo-subterráneo no apoio proxectado e final no centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación prefabricado, telecontrolado, con celas compactas, 2L+1P, de 250 kVA, con relación 20.000/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36008A046000690000JE e acceso ao camiño público existente.
A instalación está situada na rúa Longán-Coiro e na avenida de Lugo, no lugar de Romarigo, no concello de Cangas de Morrazo (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase a disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o devandito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 2 de setembro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: IN407A 2026/141-4.
Denominación: LMTS e substitución do CT Romarigo (36CL61).
Concello: Cangas de Morrazo.
|
Núm. |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||||
|
Pleno dominio (m2) |
Servidume |
||||||||
|
CT (m2) |
Apoio |
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
|
Núm. |
m2 |
||||||||
|
1 |
Freixo Dabaixo. Cangas de Morrazo |
Rústico |
36008A046000680000JJ |
María Purificación Fandiño Pérez |
- |
1 |
2,0 |
3 |
9 |
|
2 |
Viña Lagoa. Cangas de Morrazo |
Rústico |
36008A046000690000JE |
Ana María Fernández Soliño |
27,14 |
- |
- |
- |
- |
