DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 25 de setembro de 2026 Páx. 50436

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Medialdea, Estivada e Sobreiro

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria.

Alberto Durán González, con DNI ***4457**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Medialdea, Estivada e Sobreiro, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 17 de outubro de 2026, na Casa Veciñal A Estibada (Belesar, Baiona, Pontevedra), ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda, a asemblea xeral extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Renovación da concesión da Comunidade.

2. Ratificación da Xunta Directiva.

3. Adhesión a Coxapo.

Baiona, 2 de setembro de 2026

Alberto Durán González
Presidente da Comunidade de Usuarios
de Medialdea, Estivada e Sobreiro