En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción pola caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.B15.8482 e seis máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.B15.8482 |
José Manuel Pazos Naviera |
1.320 m3 |
Pozo |
Rega |
L: Os Canos P: Piadela (Santo Estevo) C: Betanzos |
|
DH.B15.10231 |
José Ramón Carnota Rey |
1.600 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Roxos P: Villestro (Santa María) C: Santiago de Compostela |
|
DH.B36.5573 |
Justa Prieto Torres |
2.900 m3 |
Pozo |
Rega |
L: Rial P: Adina (Santa María) C: Sanxenxo |
|
DH.B36.7937 |
Rosario Fontán Lorenzo |
655 m3 |
Manancial |
Rega |
L: O Reguengo P: Godos (Santa María) C: Caldas de Reis |
|
DH.B36.7243 |
Raimundo Leirós Figueroa |
214 m3 |
Pozo |
Rega |
L: A Pena P: Beade (Santo Estevo) C: Vigo |
|
DH.B36.6109 |
Proviserpe, S.L. |
2.900 m3 |
Pozo |
Doméstico e rega |
L: Serpe P: Raxó (San Gregorio) C: Poio |
|
DH.B15.12775 |
Jumar Servicios y Obras, S.L. |
1.998 m3 |
Pozo |
Doméstico |
L: O Carballo P: Franza (Santiago) C: Mugardos |
