DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 15 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental dun proxecto de campamento de turismo na parroquia de Doade, no concello de Sober (Lugo) (expediente 2026/0025).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, con data do 14 de setembro de 2026, do proxecto de campamento de turismo na parroquia de Doade, concello de Sober (Lugo), promovido por Heroica Enoresorts, S.L.

Este informe poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e mais nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade