DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pastoriza (expediente IN407A 2025/53-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

– Peticionaria: BEGASA.

– Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

– Denominación: Novo CS Faxina na LAT 20 kV Vilalba.

– Situación: concello de Pastoriza.

– Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Vilalba, con orixe no apoio existente A54824 e final no apoio proxectado tipo C-2000/16, o cal substitúe o apoio de formigón existente 206223, cunha lonxitude de 175 metros en condutor tipo LA-110 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Bretoña, con orixe nun PAS situado no apoio existente A54824 e final no novo CS Faxina, cunha lonxitude de 175 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Vilalba formada por dous circuítos, con orixe no novo CS Faxina e final en dous PAS situados no apoio proxectado tipo C-2000/16, cunha lonxitude de 60 metros cada circuíto en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• CS prefabricado Faxina, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático telemandadas e unha de alimentación a servizos auxiliares.

• Desmontaxe de 175 metros de condutor tipo LA-110 e dun apoio de formigón.

– Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

– Orzamento: 116.660,35 €.

– Documentación que se xunta: separata para o Concello de Pastoriza.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Contra esta resolución poderase interpor un recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 10 de setembro de 2026

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Iria Fernández Vilaboa
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas