DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación do traslado das follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Oza Cesuras (expediente IN407A 2023/247-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación da folla de valoración da entidade beneficiaria no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA BEG706, substitución do apoio APQC1F55//80-2, no concello de Oza Cesuras (expediente IN407A 2023/247-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinalan no anexo.

O texto íntegro da referida folla de valoración atópase a dispor da persoa ou persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión da referida folla de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 17 de setembro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/247-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMTA BEG706, substitución do apoio APQC1F55//80-2.

Concello: Oza Cesuras.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

1

Novelo

15064B505002370000YD

Descoñecida