DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 17 de setembro de 2026 polo que se notifica a orde de suspensión de obras no expediente PO-0330-2026.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 31 de xullo de 2026, ditou a resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das obras realizadas en solo de núcleo rural, expediente PO-0330-2026.

Ao non podérselle realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade número 06496863F, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada esta resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, en Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de que transcorra o devandito prazo, a notificación considerarase efectuada.

Contra a devandita resolución, que lle pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte a aquel no que se producise a notificación, perante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ou ben, se non exercita o seu dereito a presentar un recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística