DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50494

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026, da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se resolve o concurso específico de méritos convocado pola Resolución do 16 de xuño de 2025 para a provisión de postos de traballo de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos funcionario, na área de arquivos e bibliotecas, correspondentes aos subgrupos A1, A2 e C1.

Elevada pola comisión permanente de avaliación a proposta definitiva de adxudicación de postos, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por Resolución reitoral do 8 de maio de 2026 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 20 de maio),

RESOLVE:

1. Adxudicarlle ao persoal funcionario que se relaciona no anexo os postos de traballo que nel se especifican, con efectos económicos e administrativos do día 19 de outubro de 2026.

2. A adxudicación destes postos supón a imposibilidade, para o persoal nomeado, de participar durante seis meses nos concursos que se convoquen.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Quenda

Campus

Persoa proposta

Puntuación total

Observacións

PF000017

Dirección da biblioteca intercentros

Biblioteca Intercentros Campus Lugo

Mañá

Lugo

Gómez Pérez, César

73,778

PF000027

Subdirección de Coordinación

Biblioteca Universitaria

Mañá

Compostela

Cana Villar, María

75,972

PF000080

Xefatura da Sección de Proceso Técnico

Biblioteca Universitaria

Mañá

Compostela

Neira Díaz, Mercedes

74,388

Subgrupo C1: Licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000066

Dirección da biblioteca do centro

Biblioteca Facultade de Bioloxía

Mañá

Compostela

Cierto Castaño, M. Carmen

66,602

Subgrupo C1: Licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000067

Dirección biblioteca do centro

Biblioteca Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Mañá

Compostela

Diéguez Méndez, Yolanda

72,744

Subgrupo C1: Licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000075

Dirección da biblioteca do centro

Biblioteca Facultade de Xeografía e Historia/Facultade de Filosofía

Mañá

Compostela

Sempere Serrano, Isabel

67,829

Subgrupo C1: Licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000074

Dirección biblioteca do centro

Biblioteca Facultade de Química/Escola de Enxeñaría

Mañá

Compostela

Iglesias Otero, M. Luisa

73,332

Subgrupo C1: Licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000024

Responsable da Oficina de Servizos

Biblioteca Concepción Arenal

Mañá

Compostela

Durán Espasandín, Lucía

57,130

Subgrupo C1: Licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo