DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente DH.A36.3311 e oito máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A36.3311 e oito máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.3311

José Alonso Pérez,

José E. Cuíña Fernández

1.892 m3

Manancial

Doméstico e gandeiro

L: Carboeiro

P: Carboeiro (Santa María)

C: Silleda

DH.A15.11080

Comunidade de Usuarios Francisca Quintián Díaz, Francisco Maceira Quintián, Antonio Maceira Espada, María R. Varela Balsas

63.072 m3

Manancial

Doméstico, rega, gandeiro e forza motriz

L: Os Fornos

P: A Viña (Santaia)

C: Irixoa

DH.A15.15369

María Nieves Rodríguez Lois

1.892 m3

Manancial

Gandeiro

L: Comparada

P: Vilacoba (Santa Baia)

C: Lousame

E-1715-C

Concello de Fisterra

7 l/s

Río

Abastecemento

L: Escaselas

P: Duio (San Martiño)

C: Fisterra

E-1595-C

Concello de Muxía

0,364 l/s

Manancial

Abastecemento

L: Merexo

P: Ozón (San Martiño)

C: Muxía

DH.A15.10963

Concello de Vedra

4.415 m3

Pozo

Abastecemento

L: A Gándara

P: Sales (San Fins)

C: Vedra

DH.A15.15589

Manuel Delgado-Gambino Rodríguez

284 m3

Manancial

Doméstico

L: Pomar

P: Urdilde (Santa María)

C: Rois

DH.A27.04942

Belén González Soto

1.040 m3

Rego

Depósito

L: Silvarosa

P: Covas (San Xoán)

C: Viveiro

DH.A36.42168

Emilio Fernández Monzonís

6.750 m3

Sete pozos

Abastecemento

L: Illas Cíes-Illa do Medio ou do Faro

P: Saiáns (San Xurxo)

C: Vigo