DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 29 de setembro de 2026 Páx. 50605

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2026 pola que se adxudican as bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2026/27, ao abeiro da Orde do 17 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2026/27, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

De acordo co artigo 11 da Orde do 17 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2026/27, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A) (DOG núm. 119, do 29 de xuño de 2026), e conforme o informe da Comisión de Selección, o 20 de agosto de 2026 a Subdirección Xeral de Plans e Programas formulou a proposta de resolución provisional de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para a tempada 2026/27. O mesmo día publicouse a proposta de resolución provisional na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte e concedeuse un prazo de 10 días para formular alegacións, que rematou o 3 de setembro de 2026.

Non houbo alegacións por parte dos candidatos solicitantes.

Segundo o artigo 16 das bases reguladoras «O número de prazas convocadas é de 6. Para a súa cobertura atenderase, de ser posible en función das solicitudes presentadas, a criterios paritarios, de tal forma que 3 prazas sexan ocupadas por persoas do sexo feminino e as outras 3 por persoas do sexo masculino, coa finalidade de garantir unha correcta atención ao colectivo de deportistas do centro. Con esta finalidade, a cota de prazas destinada a cada sexo será ocupada polas persoas dese sexo que acaden a maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 8. No caso que, polo número de solicitudes presentadas, non sexa posible cubrir as prazas reservadas a un dos sexos, serán cubertas polas persoas solicitantes do outro sexo».

O 15 de setembro de 2026, a Subdirección Xeral de Plans e Programas formulou a proposta de resolución definitiva de adxudicación das bolsas.

O artigo 12.2 das bases reguladoras establece que, con base na proposta de resolución definitiva, a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ditará a resolución pola que se adxudican as bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2026/27. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, así mesmo, será igualmente publicada na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Adxudicar as bolsas de persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2026/27, segundo a relación que figura como anexo I desta resolución.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación. Transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

As baixas que se produzan unha vez publicada a listaxe definitiva teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal para poderen ser cubertas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.6.2024; DOG núm. 117, do 18 de xuño)
Roberto García Fernández
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Listaxe de persoas colaboradoras no CGTD

Núm.

Solicitante colaborador

Muller / Home

Nova / Renova

Estudante CCAFD Univ CFS

Puntos

Proxecto actividades

Puntos

DGAN / DAN / DAR / CGTD

Puntos

Titulo CCAFD / Maxisterio / T Deportivo

Puntos

Informe Dirección

Puntos

Total puntos

1

Bello Álvarez, Saúl

Home

Renova

Universitarios

3,0

 2

2,0 

DGAN/CTD

5,0

CCAFD

4,0

3

3,0

17,00

2

Picón Voces, Carlos Gutier

Home

Renova

CCAFD

6,0

2

2,0

DAN/CTD

5,0

 

0,0

3

3,0

16,00

3

Giadas Couselo, Aarón

Home

Renova

CCAFD

6,0

4

4,0

 

 

 

0,0

3

3,0

13,00

4

Vázquez García, Luis

Home

Renova

CFS

2,0

4

4,0

 

 

T Deportivo

3,0

3

 3,0

12,00

5

Becerra Bernárdez, Ariadna

Muller

Renova

CFS

2,0

 

 

DGAN 

4,0 

T Deportivo

1,0

3

3,0 

10,00

6

Castro Grediaga, Candela

Muller

Nova

0,0

 

 

 DGAN/CTD

 5,0

00

-

 

5,00