DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 29 de setembro de 2026 Páx. 50675

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Valle Gestoso, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO da disolución da cooperativa.

En cumprimento do establecido no artigo 87 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, a cooperativa Valle Gestoso, S. Coop. Galega en liquidación, con CIF F15044407 e domicilio no lugar de Xiao, s/n, Monfero (A Coruña), fai público que a asemblea xeral ordinaria que tivo lugar o 19 de xuño de 2025 acordou a disolución da cooperativa e a apertura do período de liquidación.

No citado acto foron nomeados liquidadores Francisco Martínez Bouza, José Rodríguez López, Juan Javier Vila Couto, María Victoria Buján Rivas, José Luis Freijomil Filgueiras, José Jorge Bouza Couto e José Manuel González Maroño.

Ames, 8 de setembro de 2026

Francisco Martínez Bouza
José Rodríguez López
Juan Javier Vila Couto
María Victoria Buján Rivas
José Luis Freijomil Filgueiras
José Jorge Bouza Couto
José Manuel González Maroño
Liquidadores de Valle Gestoso, S. Coop. Galega en liquidación