DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 29 de setembro de 2026 Páx. 50679

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT)

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases para a selección dunha praza de persoal.

A directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal anuncia a aprobación da convocatoria e das bases para a cobertura dunha praza de xestor/a de proxectos europeos, con vistas ao desenvolvemento do Proxecto 2025CE160AT138 PONTE_PARA_NOS no ámbito do Programa PPPA-2025-BRIDGEFOREU.

As bases estarán dispoñibles na seguinte ligazón:

https://www.gnpaect.eu/portal-transfronterizo/views/gnp-aect/contentsManagement.xhtml?menu=CONTR

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 22 de setembro de 2026

Aldara Vázquez Rodríguez
Directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial
Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT)