Ás 12.30 horas do día 6 de novembro de 2026, na sala de comisións número 1 do Edificio Administrativo do Reitorado, rúa Maestranza 9, A Coruña, terá lugar a poxa pública, á alza e con presentación de ofertas a viva voz, do inmoble situado na rúa Enrique Dequidt, núm. 16, 9º J, 15005 A Coruña.
Datos xerais do procedemento:
1. Órgano que realiza a poxa: Xerencia da Universidade da Coruña (UDC).
2. Forma e prazo para a presentación da solicitude de participación:
A presentación da solicitude de participación e documentación anexa poderá realizarse anticipadamente ata o día 22 de outubro de 2026 ou ben in situ ante a mesa da poxa no día da súa realización, aínda que neste último caso non se outorgará un prazo para emendar as deficiencias que se puidesen advertir.
A presentación anticipada da documentación realizarase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, dirixida á Xerencia, ben de forma presencial no Edificio Administrativo do Reitorado, rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña, durante o horario de apertura, ou de forma telemática no rexistro da sede electrónica da UDC (https://sede.udc.gal/). A presentación tamén poderá realizarse por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de que se presente a solicitude en lugares diferentes do rexistro xeral, deberase remitir o mesmo día da presentación un correo electrónico ao enderezo servizo.contratacion.administrativa@udc.gal coa indicación de que se presentou a solicitude e o lugar da súa presentación. No caso de non se recibir o devandito correo, non serán admitidas as solicitudes presentadas. Tampouco serán admitidas as solicitudes que se reciban pasados cinco días naturais desde a data final de presentación establecida no anuncio.
A presentación da documentación administrativa realizarase conforme o previsto na condición 8 do prego de condicións da poxa pública, que pode consultarse no taboleiro electrónico da UDC (https://sede.udc.gal/services/electronic_board).
3. Tipo de licitación: 450.125,00 €.
4. Lugar de consulta do prego de condicións:
Taboleiro electrónico da UDC (https://sede.udc.gal/services/electronic_board).
Para máis información: secretaria.xerencia@udc.gal
5. Prazo para solicitar unha visita ao inmoble:
A solicitude para visitar o inmoble deberá remitirse, antes do 9 de outubro de 2026 ás 14.00 horas, a secretaria.xerencia@udc.gal
6. Descrición do ben obxecto de poxa:
– Vivenda e rocho:
• Enderezo: rúa Enrique Dequidt, núm. 16, 9º J, 15005 A Coruña.
• Referencia catastral: 7914202NJ4071S0015BL.
• Superficie útil da vivenda: 126 m2.
• Superficie útil do rocho: 16 m2.
• Superficie construída: 157 m2.
• Ano de construción: 1982.
– Praza de aparcadoiro:
• Enderezo: rúa Enrique Dequidt, núm. 16, 9º J, 15005 A Coruña.
• Referencia catastral: 7914202NJ4071S0184WQ.
• Superficie útil: 14 m2.
• Superficie construída: 32 m2.
• Ano de construción: 1982.
– Valor da taxación:
• Vivenda e rocho: 405.218,31 €.
• Praza de aparcadoiro: 44.906,56 €.
• Total: 450.124,87 €.
7. Garantía:
Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 5 % da cantidade sinalada como tipo de licitación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o previsto na condición 6 do prego.
8. Gastos:
Serán por conta da persoa adxudicataria os gastos dos anuncios e os restantes previstos nos pregos.
A Coruña, 24 de setembro de 2026
Ricardo José Cao Abad
Reitor da Universidade da Coruña
