A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 4 de setembro de 2026, acordou nomear persoal funcionario de carreira na praza vacante de técnico/a auxiliar de seguridade e mobilidade, enmarcada no grupo C de titulación, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala técnica auxiliar, convocada na oferta de emprego público 2020-2021-2022 por quenda libre, a:
– Graña Diéguez, A.L. (***7547**).
A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. De non facelo, será declarada en situación cesante e, consecuentemente, decaída no seu dereito.
A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 7 de setembro de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 26.8.2026)
Francisco Javier Pardo Espiñeira
Segundo tenente de alcalde e concelleiro da
Área de Goberno de Fomento, Servizos e Deportes
