DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 30 de setembro de 2026 Páx. 51012

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos/as candidatos/as a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal.

O director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos/as candidatos/as a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal de Seaga.

A información relativa a este anuncio está exposta na sede de Seaga, sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e mais na súa web (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026

José Martín Martínez Abal
Director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.