Mediante a Resolución do 12 de maio de 2026 (DOG núm. 92, do 20 de maio) a Consellería de Facenda e Administración Pública convocou un concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes na Axencia Tributaria de Galicia.
Pola Resolución do 28 de agosto de 2026 (DOG núm. 170, do 8 de setembro) aprobouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no dito concurso específico.
A base cuarta da convocatoria establece que «3. Unha vez transcorrido o dito prazo e á vista da proposta realizada pola Comisión de Valoración, a Consellería de Facenda e Administración Pública ditará a resolución definitiva, que se publicará no portal web corporativo da Consellería de Facenda e Administración Pública e no Diario Oficial de Galicia, na cal se declararán aprobadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas».
O 25 de setembro de 2026, a Comisión de Valoración elaborou a proposta de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no citado concurso específico.
En consecuencia, de conformidade co establecido na normativa citada, logo de transcorrer o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais e dado que non se recibiu ningunha reclamación, e vista a proposta da Comisión de Valoración do 25 de setembro de 2026, a Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro, no uso das competencias delegadas en virtude do disposto no artigo 1.g) da Orde do 15 de decembro de 2021 (DOG núm. 246, do 24 de decembro),
RESOLVE:
Elevar a definitiva a relación de persoas admitidas e excluídas no concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes na Axencia Tributaria de Galicia.
A relación de persoas admitidas e excluídas figura como anexos I e II, respectivamente, desta resolución e publicarase no portal web corporativo da Consellería de Facenda e Administración Pública https://www.conselleriadefacenda.gal/a-conselleria/transparencia/concursos-especificos
De conformidade coa base cuarta da convocatoria, contra esta resolución poderá presentarse un recurso de reposición perante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo establecen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021, DOG núm. 246, do 24 de decembro)
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro
da Consellería de Facenda e Administración Pública
ANEXO I
Listaxe definitiva de persoas admitidas
|
Apelidos |
Nome |
DNI |
|
Álvarez Civeira |
Noemí |
***2013** |
|
Balo Rodríguez |
Rubén |
***8859** |
|
González Soñara |
Luz María |
***7110** |
|
Grande Maside |
Paula |
***2228** |
|
Hermida Vergara |
Ana |
***3793** |
|
López Ferreiro |
Rocío |
***6218** |
|
López García |
Diego |
***4746** |
|
López Méndez |
María Concepción |
***6854** |
|
Muíños Rafael |
Amalia María |
***6694** |
|
Otero Ramírez |
Ángel Ramón |
***8650** |
|
Pouso Abuín |
Luisa |
***4451** |
|
Riadigos Vigo |
Sandra María |
***9933** |
|
Souto Zas |
María del Carmen |
***8559** |
|
Vázquez Fuentes |
María Luisa |
***2559** |
|
Vázquez Regueiro |
María Dolores |
***2736** |
|
Vilas Pazo |
Ángela |
***7047** |
ANEXO II
Listaxe definitiva de persoas excluídas
|
Apelidos |
Nome |
DNI |
Causa da exclusión |
|
Bueno Rey |
Sandra |
***4969** |
A solicitude presentada non se refire a ningún dos postos incluídos no anexo I da convocatoria |
