DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 30 de setembro de 2026 Páx. 50998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A27.04384 e dezanove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A27.04384 e dezanove máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar unha cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do oficio

DH.A27.04384

33694540T

21.9.2026

E-1296-L

Emilio Vijande Vilar

21.9.2026

E-1614-L

José María Rego González

21.9.2026

E-99-L

Manuel Loureiro Rego

21.9.2026

E-92-L

Antonio Ledo Valorio

21.9.2026

E-1540-C (E-1540A-C)

A28023430

21.9.2026

E-1861-C

Evaristo Antón Pena

21.9.2026

E-1711-C

Manuel Rivera Formoso

21.9.2026

909-F-324

Antonio Bermúdez Raña

21.9.2026

E-53-22-C

Severino Ramos Linares

21.9.2026

E-1760-C

Manuel Martínez Brea
José Suárez González
Jesús Suárez García

21.9.2026

E-1323A-C

Santiago García Costa
Antonia Viqueira Regueiro

21.9.2026

E-57-1131-P

Gaspar Araújo Luces

21.9.2026

DH.A36.7598

35361245X

21.9.2026

E-68-1769-P

José Rey Barra
Gaspar Araújo Lucas

21.9.2026

E-1193-P

Manuel Cabada Gudias
Manuel Carracedo Fraiz
Antonio Gómez Arca
Manuel Fernández Cadaviz

21.9.2026

DH.A36.47727

43117939T

21.9.2026

E-31-P

Juan Bugallo González

21.9.2026

DH.A36.4794

Comunidade de Usuarios de Santa Cruz de Lamas

21.9.2026

DH.A36.6118

35353263D

21.9.2026