O 12 de agosto de 2026 a directora territorial de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 20260185VS-PO contra a persoa titular do NIF 36140812S.
Tras intentar a notificación deste acordo de inicio consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta non puido efectuarse, polo que mediante este anuncio notifícaselle á persoa titular do NIF 36140812S o contido do devandito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da devandita lei, para o seu coñecemento.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao amparo do que establece o artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a presentar alegacións ante este departamento territorial no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. Do mesmo xeito, lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento, sito en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, número 43, 1ª andar, e a obter, se é o caso, unha copia deste, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da devandita lei.
Notifícaselle que, de non efectuar alegacións sobre o contido do devandito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, de acordo co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
E, así mesmo, advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Este anuncio expídese para que conste e para que lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 22 de setembro de 2026
María Dolores Bazán Arcay
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: 20260185VS-PO.
NIF da persoa denunciada: 36140812S.
Último enderezo coñecido: rúa Canido, 6, baixo 1, 36331 Coruxo-Canido, Vigo, Pontevedra.
Feito imputado: suposta infracción do previsto no artigo 15 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 3/2026, do 30 de marzo, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de saúde de Galicia.
Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 41.ter da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 3/2026, do 30 de marzo, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de saúde de Galicia: «a) A falta de respecto ou o insulto ás autoridades sanitarias e aos seus axentes e ás profesionais ou aos profesionais a que se refire o segundo parágrafo do punto 23 do artigo 3, así como a quebra da relación de confianza durante o exercicio das súas funcións ou con ocasión destas, cando non constitúan unha infracción grave ou moi grave, sen prexuízo das consecuencias ou dos efectos procedentes desde o punto de vista penal e deontolóxico».
Sanción proposta: tres mil euros (3.000,00 €).
