DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 1 de outubro de 2026 Páx. 51090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a aprobación das bases de reestruturación parcelaria, o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria e a modificación do perímetro da zona de reestruturación parcelaria de Viladonga (Castro de Rei-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que se puidese practicar ou sendo o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas que figuran no anexo, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural acordou, o día 28 de maio de 2026, aprobar as bases de reestruturación parcelaria, o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria e a modificación do perímetro da zona de reestruturación parcelaria de Viladonga (Castro de Rei-Lugo).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, situadas na rolda da Muralla, 70, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Logo de que transcorra este prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación considerarase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Contra o devandito acordo, que non lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas que figuran no anexo poderán interpoñer un recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 22 de setembro de 2026

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

DNI/nome

Número de titular

76528826Y

65

76542654B

65

33828815R

78

33762305F

117

10846020W

148

Manuel González Fernández

63