Mediante a Resolución do 21 de agosto de 2026 (DOG do 2 de setembro), publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas e noméase o tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir seis prazas da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal de funcionarios, as cales foran convocadas pola Resolución do 28 de abril de 2026 (DOG do 11 de maio e BOE do 8 de xuño).
Na base 5.4 da Resolución do 28 de abril de 2026, disponse que, no caso de ter que substituír algún membro do tribunal por renuncia ou por calquera outra causa de forza maior, se lle dará publicidade ao novo nomeamento no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade coa citada base, a reitora
RESOLVE:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por José Ramón Basante Barbazán como secretario titular do tribunal cualificador.
Segundo. Nomear a Javier Piñeiro Quintela, funcionario de carreira da escala de xestión da USC, secretario titular en substitución de José Ramón Basante Barbazán.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
