DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 1 de outubro de 2026 Páx. 51100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 23 de setembro de 2026 polo que se notifica o acto polo que se lle require á persoa interesada a emenda da solicitude de incorporación dun predio ao Banco de Terras de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación ao interesado e ao non se poder practicar por causas non imputables á Administración, notifícaselle á persoa interesada o acto polo que se lle require a emenda da solicitude de incorporación ao Banco de Terras Banco de Terras de Galicia do predio que se indica no anexo deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):

a) De forma presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar A Barcia, núm. 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en días hábiles.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal forma. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 23 setembro de 2026

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Núm. do expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20143600059

Incorporación do predio ao Banco de Terras

36009067Z

Requirimento de emenda da solicitude de incorporación