De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.
O acto foi adoptado pola persoa instrutora.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino López Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido este prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 24 de setembro de 2026
José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: RP-OU-35/2026-INC.
Persoa interesada: 34965224A.
Acto de notificación: emenda e mellora RP-OU-35/2026-INC.
