Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado M1 e anexo 1 a modificado M1 do proxecto LMT, CT e RBT Piñeiro, no concello de Cambre (expediente IN407A 2023/021-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 24 de setembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/021-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Modificado M1 e anexo 1 a modificado M1 do proxecto LMT, CT e RBT Piñeiro.
Concello: Cambre.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data de ocupación |
|
1 |
Sobreguexe |
15017A022000790000ME |
Herdeiros de María Aurora García Vázquez e outros |
19.8.2026 |
