DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 2 de outubro de 2026 Páx. 51267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de agosto de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Portas (expediente DH.A36.118496).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitantes: Fernando Abalo Buceta e María Dolores Fontán Janza.

Expediente: DH.A36.118496.

Volume total anual: 428,05 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 3,00 l/s.

Destino: rega.

Orixe: pozo na parcela 641, polígono 13.

Lugar: O Outeiro.

Parroquia: Portas.

Concello: Portas.

Descrición:

A auga do pozo bombéase para a rega das parcelas 641, 640 e 639.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira, 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 3 de agosto de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia Sur