DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 5 de outubro de 2026 Páx. 51521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 21 de setembro de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, polo que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturarllos ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante este anuncio, e debido a que as persoas relacionadas no anexo non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou que alegaron distintas causas para non recibir as notificacións que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles a estas persoas que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá unha factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que necesitarán achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario a través do teléfono 981 83 43 47.

Para que conste, sirva de notificación á persoa interesada e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo este anuncio. Queda supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único do BOE.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026

Ángel Facio Villanueva
Director xerente da Área Sanitaria
de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Jiménez de Cisneros Pérez, Celia

45867724C

33226057G

X9369016N

33290469Q

52452174F

Y9224146X

52931684J

Z2567494D

52457922M

Z1823521V

52933235T

53798099H

60324741L

12402861L

52930866T

53480175T

54463036W