Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo a Resolución deste departamento territorial, do 20 de agosto de 2026, pola que se conceden as autorizacións administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado LMTA BOI802 substitución apoios do 9O57ILH2//29-3 ao 9O1NRRH1//29-7, no concello de Boiro (expediente IN407A 2024/277-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia áchase á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da súa notificación, ou ben interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 24 de setembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Boiro
|
Núm. parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume |
||||
|
Apoio núm.//centro de transformación |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
2 |
Leira do Muíño 15011A016000940000XH |
Rústico/agrario/matogueira |
Descoñecido |
3.0 |
|||||
|
5 |
Vimieiro 15011A016007810000XM |
Rústico/agrario/labradío |
Descoñecido |
113.0 |
|||||
|
6 |
Calcadoiro 15011A016007800000XF |
Rústico/agrario/labradío |
Descoñecido |
6.0 |
294.0 |
||||
|
7 |
Calcadoiro 15011A016007680000XY |
Rústico/agrario/labradío |
David |
142.0 |
|||||
|
8 |
Calcadoiro 15011A016004730000XS |
Rústico/agrario/labradío |
Descoñecido |
Proxectado núm. 3 (apoio 9O2L8DJT//29-5) |
2.0 |
2.0 |
166.0 |
||
|
9 |
Vimieiro 15011A016002990001MQ |
Rústico/agrario/labradío |
Descoñecido |
5.0 |
270.0 |
||||
|
10 |
Vimieiro 15011A016002940001MW |
Rústico/agrario/labradío e prados |
Descoñecido |
88.0 |
1532.0 |
||||
|
11 |
Salgueiral 15011A016002930000XG |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
Proxectado núm. 2 (apoio 9O2C92TE//29-4) |
2.0 |
8.0 |
772.0 |
||
|
12 |
Salgueiral 15011A016002920000XY |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
31.0 |
827.0 |
||||
|
13 |
Salgueiral 15011A016007520000XR |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
6.0 |
87.0 |
||||
|
14 |
Salgueiral 5011A016007530000XD |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
9.0 |
131.0 |
||||
|
15 |
Salgueiral 5011A016002900000XA |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
10.0 |
170.0 |
||||
|
16 |
Vimieiro 15011A016004650000XD |
Rústico/agrario/labradío |
Descoñecido |
4.0 |
64.0 |
||||
|
17 |
Vimieiro 15011A016004710000XJ |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
10 |
171.0 |
||||
|
18 |
Vimieiro 15011A016004720000XE |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
27.0 |
447.0 |
||||
|
19 |
Vimieiro 15011A016006410000XB |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
35.0 |
|||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².
