O artigo 14 do Decreto 14/2017, do 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia, regula o procedemento de elaboración e aprobación do Plan galego de cartografía e información xeográfica. Tras o acordo do Consello da Xunta de Galicia de autorizar o inicio da súa tramitación, na reunión do 7 de xullo de 2025, a Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía aprobou, o 28 de setembro de 2026, a redacción da proposta inicial do Plan galego de cartografía e información xeográfica 2026-2029, que xa foi sometida á fase de consulta. Continuando coa súa tramitación, de conformidade co disposto no Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, co fin de garantir unha maior participación da cidadanía neste trámite administrativo,
ACORDO:
Primeiro. Someter a información pública, durante un prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto do Plan galego de cartografía e información xeográfica 2026-2029.
Segundo. O texto do proxecto poderá consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia (https://transparencia.xunta.gal/participacion-plans-programas).
Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía en xeral poderán presentar as alegacións que consideren oportunas a este proxecto:
• Preferentemente, mediante correo electrónico dirixido ao seguinte enderezo: departamento.xuridico.iet@xunta.gal
• Alternativamente, mediante a presentación dun escrito dirixido ao Instituto de Estudos do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026
Enrique Luis de Salvador Sánchez
Director do Instituto de Estudos do Territorio
