DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 6 de outubro de 2026 Páx. 51676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de setembro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Cabana de Bergantiños (expediente DH.W15.119141).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Andrea Varela Verdes.

DNI: ***1282**.

Expediente: DH.W15.119141.

Lugar: A Pedra Cuca.

Parroquia: Cesullas (Santo Estevo).

Concello: Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Descrición das actuacións:

Construción dunha vivenda illada e peches na parcela 1044 e polígono 25.

A documentación pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar (15008) da Coruña.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 7 de setembro de 2026

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte