A Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio do trámite da solicitude de concesión administrativa presentada por Bracarense Atlántica, S.L., de concesión administrativa no porto de Aldán, con destino á construción dun edificio para bar-cafetaría-restaurante, venta de efectos navais e aseos públicos (expediente 13-19-26-C2), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), faise público este trámite para que as persoas e as entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.
O prazo para presentar alegacións será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A presentación de alegacións será obrigatoriamente de forma electrónica para as administracións públicas, persoas xurídicas e persoas representantes dalgunha das anteriores. Empregarase o procedemento IF508C da sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación está dispoñible na ruta web www.portosdegalicia.gal >Comunicacións e avisos>Procesos de información pública.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica poderán, opcionalmente, presentar as súas alegacións por escrito nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, ou en calquera dos lugares ou dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Pontevedra, 28 de setembro de 2026
Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia
