En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente E-31/1726-C (DH.T15.12468) e un máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
E-31/1726-C (DH.T15.12468) |
Ana Santos Insua, Luis Santos Insua |
480 l/s |
Río |
Industrial |
L: Macenda P: Crendes (San Pedro) C: Abegondo |
|
159 (DH.T15.8467) |
Luis Jesús Paz García, María Dolores Paz García |
150 l/s |
Río |
Forza motriz |
L: Muíños P: Fene (San Salvador) C: Fene |
