DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 7 de outubro de 2026 Páx. 51744

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2026 pola que se nomea profesorado titular de universidade (TU2503).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocado mediante a Resolución desta universidade do 16 de abril de 2026 (BOE do 25 de abril), modificada mediante a Resolución reitoral do 4 de maio de 2026 (BOE do 9 de maio), e logo de que as persoas propostas presentasen a documentación á que fai referencia a base 8ª da convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, os cales se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, considerarase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor un recurso de reposición ante a persoa titular da reitoría no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 25 de setembro de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

TU2503-H10-567-TU-TC-01

Corpo:

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0567 Lingua Española

Departamento:

D00H10 Lingua Española

Centro de traballo:

301 Facultade de Filoloxía e Tradución

DNI:

***1270**

Nome e apelidos:

María del Carmen Méndez Santos

Código:

TU2503-T01-515-TU-TC-01

Corpo:

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0515 Enxeñaría dos Procesos de Fabricación

Departamento:

D00T01 Deseño na Enxeñaría

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

DNI:

***1375**

Nome e apelidos:

Miguel Ángel Álvarez Feijoo

Código:

TU2503-X05-245-TU-TC-01

Corpo:

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0245 Educación Física e Deportiva

Departamento:

D00X05 Didácticas Especiais

Centro de traballo:

202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

DNI:

***0441**

Nome e apelidos:

Silvia Varela Martínez