De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 da dita lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, determinando a data de publicación neste a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola directora territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 29 de setembro de 2026
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: REC-CO-0032-2022 AGR.
DNI denunciado: 32388547Q.
Acto de notificación: multa coercitiva 1.
