DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51927

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria dun proceso de selección para a contratación de persoal directivo profesional na Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia.

A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia é unha sociedade mercantil pública autonómica do artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na cal se integran os medios públicos de comunicación audiovisual de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia que prestan o servizo público de comunicación audiovisual.

Ao abeiro do artigo 45 da Lei 1/2025, do 14 de marzo, de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, procederase, mediante unha convocatoria pública, á selección de persoal directivo profesional, consonte os principios de concorrencia, mérito e capacidade e tras a apreciación discrecional da idoneidade das persoas candidatas polo órgano competente.

As bases do proceso de selección están expostas na páxina web da Corporación (http://www.csag.gal/). O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio e terá unha duración de cinco (5) días naturais. Todas as publicacións e as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso de selección se farán públicas na indicada páxina web.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026

María Concepción Pombo Romero
Directora xeral da Corporación de
Servizos Audiovisuais de Galicia