DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO do 24 de setembro de 2026 de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación ás persoas titulares das parcelas coas referencias catastrais que se relacionan a seguir, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a comunicación de xestión da biomasa coa finalidade de que no prazo de quince (15) días naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do anuncio pertinente no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das ditas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, sito no segundo andar do edificio do concello, na praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n. Fene.

Número de expediente

Referencia catastral

Localización

2026/X999/000519

15036A002005110000YU

Rúa Porto do Río (Fene)

2026/X999/000716

15036A002005130000YW

Rúa Porto do Río (Fene)

2026/X999/000667

15036A029002110000YA

15036A029002120000YB

Río Castro (Limodre-Fene)

2026/X999/000647

15036A017005210000YB

O Penedo de Baixo (Barallobre-Fene)

2026/I004/000021

15036A029005690000YL

Camiño Escorial (Limodre-Fene)

2026/X999/000655

15036A004002650000YI

O Reboredo (Sillobre-Fene)

Fene, 24 de setembro de 2026

Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa