DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de setembro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Viveiro (expediente DH.W27.107561).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Raquel Corbelle Arca.

NIF: ***9572**.

Expediente: DH.W27.107561.

Lugar: Pedregal.

Parroquia: Chavín.

Concello: Viveiro.

Descrición das actuacións:

– Construción dunha soleira e regularización do terreo, nas parcelas con referencia catastral 27067A038005360000XI e 27067A038005380000XE, na zona de policía do río Loureiro e dun rego innominado.

A documentación presentada pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, con cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 1 de setembro de 2026

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
da Mariña