DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 51938

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 1 de outubro de 2026 pola que se nomea un novo membro do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CC.OO.) de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG núm. 221, do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 7 da devandita resolución, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou o nomeamento dun membro suplente do Pleno do Consello de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear como membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do SN de CC.OO. de Galicia, a María José García Barcia en substitución de Carmen Adela Sabio Sanz.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración