DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 13 de outubro de 2026 Páx. 52385

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para implantar un equipamento dotacional destinado a cemiterio na parroquia de Añobre.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 28 de setembro de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para implantar un cemiterio municipal en Añobre, no concello de Vila de Cruces, redactado por Estudio Técnico Gallego, S.A. e presentado a través do Rexistro Xeral co número de entrada 2026-E-RE-285 o día 20 de marzo de 2026, de conformidade co informe previo emitido pola directora xeral de Urbanismo o 22 de abril de 2026, de carácter favorable.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, xunto á publicación deste acordo publicarase o enderezo electrónico no que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público:

https://nextcloud.viladecruces.gal/s/JfkDRKKwfPNQ8LY

Terceiro. Comunicarlle o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo para a súa inscrición no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia, para o que se achegará un exemplar en soporte dixital debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificarlles individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás que xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Vila de Cruces, 28 de setembro de 2026

Luís Celso Taboada Sánchez
Alcalde