DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52483

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

O vixente pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 29 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galicia núm. 95, do 25 de maio), regula na súa norma II.4.4 a xeración e a publicación das listas.

Mediante a Resolución do 29 de xullo de 2026 (Diario Oficial de Galicia núm. 150, do 11 de agosto), publicáronse os resultados provisionais de baremación das persoas aspirantes admitidas nas categorías de celador/a, celador/a-quenda de discapacidade intelectual, técnico/a en farmacia, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico/a superior en radioterapia.

Logo de finalizar o prazo de impugnación contra a citada resolución e tras analizar as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 23 de setembro),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de celador/a, celador/a-quenda de discapacidade intelectual, técnico/a en farmacia, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico/a superior en radioterapia.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas están publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante este mesmo órgano nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De modo excepcional para estas categorías, dada a proximidade da data de publicación destas listas definitivas coa data final de dispoñibilidade da inscrición en estado editable no programa Fides/expedient-e, as persoas aspirantes que desexen realizar algunha modificación na súa inscrición de cara ao próximo proceso de actualización de listas, que terá lugar ao longo do ano 2027, poderán realizala ata o 30 de novembro de 2026.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos